window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

A Axencia de Lectura Municipal comeza o horario de outono

2025-09-29T16:27:30+02:00Noticias|

A Axencia de Lectura Municipal despídese do horario de verán este mércores, 1 de outubro. A partir desa data poderás facer uso da instalación desde as 16:00 ata as 20:00 horas. Acude ao Centro Cívico Sociocultural para consultar bibliografía, empregar os equipos informáticos ou ter acceso á rede internet entre outros moitos servizos. Podes mandar [...]

Unha unidade móbil de ITV de vehículos agrícolas estará nas Somozas o 13 de novembro

2025-09-26T17:11:53+02:00Noticias|

O 13 de novembro estará nas Somozas unha unidade móbil para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas. Situarase na urbanización O Carballo, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Solicita a túa cita previa no 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com

Corte de vías con motivo do 4º Slalom Concello das Somozas

2025-09-26T14:40:07+02:00Noticias|

Corte de estradas no núcleo das Somozas, con motivo da celebración do 4º Slalom Concello das Somozas.  As estradas que figuran en vermello no mapa estarán cortadas, mentres que as verdes terán só uso permitido para a veciñanza residente e para servizos básicos, para as cales se contará con valos e indicativos. O horario dos [...]

Actividades no Centro de Ocio Infantil das Somozas

2025-09-26T13:13:58+02:00Noticias|

O Centro de Ocio Infantil As Somozas oferta unha ampla variedade de actividades todas as tardes, en horario de 16:00 a 19:30 horas.  A rapazada, con idade entre 3 a 12 anos, poderá gozar de: Luns: Baile e música, onde aprenderán pasos de baile, coreografias, xogos musicais... Martes: Obradoiros, de 17:00 a 18:30 con saída [...]

As Somozas presenta o IV Slalom Concello das Somozas

2025-09-24T17:07:06+02:00Noticias|

A praza do Concello acolleu hoxe a presentación oficial do 4º Slalom Concello de As Somozas, un evento que terá lugar o sábado, 27 de setembro, e que está organizado pola Escudería As Somozas e conta coa colaboración do Concello, a Federación Galega de Automobilismo e Xunta de Galicia. No acto participaron o alcalde, Juan [...]

Acta de constitución do tribunal para a formación dunha bolsa de contratación para o posto de operarios/as de contratación

2025-09-23T15:58:19+02:00Noticias|

Acta de constitución do tribunal para a formación dunha bolsa de contratación para o posto de operarios/as de contratación. Nas Somozas, a 23 de setembro de 2025, reúnense na secretaría do concello os membros do tribunal cualificador designados pola alcaldía, que se constituen para a creación dunha bolsa de contratación para o posto de persoal [...]

As Somozas mellora a eficiencia enerxética do local social da Toca

2025-11-19T11:27:36+01:00Noticias|

O Concello das Somozas mellora a eficiencia enerxética do local social da Toca, un proxecto que ten a finalidade de reducir o gasto enerxético e fomentar a sustentabilidade. Esta actuación, que conta cun investimento total de 87.188 euros, está financiada o 80% pola consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte e ten unha achega con fondos [...]

Andaina Santiaguiña o 28 de setembro

2025-09-23T11:04:19+02:00Noticias|

Este domingo, 28 de setembro, a veciñanza poderá gozar da Andaina Santiguiña, que organiza a Asociación Deportiva e Cultural O Santiaguiño coa colaboración do Concello das Somozas. O percorrido, que conta cunha lonxitude de 8 quilómetros, ten prevista a saída para as 10:00 horas e terá como punto de inicio e de chegada o Centro [...]

‘A maleta da mestra’, de Raquel Queizás

2025-09-22T12:29:39+02:00Noticias|

A Axencia de lectura das Somozas acollerá o 23 de setembro a narración oral con obxectos e monicreques 'A maleta da mestra', de Raquel Queizás.  Este espectáculo vai dirixido a público familiar a partir de 3 anos e levarase a cabo na Axencia de Lectura das Somozas (Centro Cívico Sociocultural), en horario de 12:00 a [...]

Preinscricións das actividades do Centro Cívico 25/26

2025-09-18T19:01:54+02:00Noticias|

O Concello das Somozas abre, ata o 23 de setembro, o prazo de preinscrición para a programación cultural 25/26 do Centro Cívico Sociocultural das Somozas. Unha iniciativa con actividades culturais  para todas as idades.   TEATRO INFANTIL Obradoiro para que a rapaza aprenda técnica teatrais mentras se diverte e desfruta dunha actividade amena e divertida. [...]

Go to Top