Corte de estradas no núcleo das Somozas, con motivo da celebración do 4º Slalom Concello das Somozas. 

As estradas que figuran en vermello no mapa estarán cortadas, mentres que as verdes terán só uso permitido para a veciñanza residente e para servizos básicos, para as cales se contará con valos e indicativos.

O horario dos cortes das vías terán lugar entre hoxe, venres 26 de setembro, a partir das 18:00 horas e ata o domingo, 28 de setembro, ás 12:00 horas. Durante ese intervalo de tempo terán lugar tarefas de montaxe e desmontaxe de circuíto e zonas propias para a proba.

Lembramos que o 4º Slalom Concello das Somozas celebrarase durante toda a xornada do sábado, 27 de setembro.