Unha unidade móbil de doazón sanguínea chegará Ás Somozas o vindeiro 26 de maio
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chegará ao noso concello o vindeiro xoves, día 26 de maio. Estará dispoñible en horario de 16:00 a 21:00 horas diante da casa consistorial. Para poder realizar doazóns é necesario levar tarxeta de doante, DNI ou documentación similar.