O Concello das Somozas mellora a eficiencia enerxética do local social da Toca, un proxecto que ten a finalidade de reducir o gasto enerxético e fomentar a sustentabilidade.
Esta actuación, que conta cun investimento total de 87.188 euros, está financiada o 80% pola consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte e ten unha achega con fondos propios municipais do 20% restante.
Con esta actuación, o Concello continúa apostando por unha xestión sostible, favorecendo edificios municipais máis confortables, funcionais e respectuosos co medio ambiente. O resultado que se pretende acadar é a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e o consumo de enerxía primaria non renovable.
O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, destacou que estas obras “supoñen un paso máis no compromiso do goberno local coa mellora da eficiencia enerxética e a comodidade das infraestruturas municipais, beneficiando tanto ás persoas usuarias habituais como aos eventos que se desenvolven no recinto”.




