A Axencia de lectura das Somozas acollerá o 23 de setembro a narración oral con obxectos e monicreques ‘A maleta da mestra’, de Raquel Queizás.
Este espectáculo vai dirixido a público familiar a partir de 3 anos e levarase a cabo na Axencia de Lectura das Somozas (Centro Cívico Sociocultural), en horario de 12:00 a 12:45 h.
Obra incluída dentro do programa Rimas e Letras, de Ler Conta Moito.