window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

O documento do mes do arquivo municipal

2025-10-14T11:53:09+02:00Noticias|

O proxecto 'O documento do mes do arquivo municipal' celebra o mes das bibliotecas, adicando este mes de outubro á primeira axencia de lectura das Somozas creada en 1984. Así, na vitrina da planta baixa da casa Consistorial están expostos os documentos do amaño da antiga escola das Somozas para albergar a biblioteca en 1990; [...]

Corte subministración de luz o vindeiro 15 de outubro

2025-10-29T12:29:48+01:00Noticias|

O vindeiro martes, 15 de outubro, entre as 02:00 e as 04:00 horas, o Grupo Naturgy levará acabo traballos de mantemento nalgunhas instalacións da rede eléctrica, o que pode provocar cortes da subministración. Estes cortes efectuaranse nas seguintes rúas: - Lugar Lameira nº 9002. - Lugar Panda nº 2, 4, 6, 8, 9000, 9002. - [...]

O Mago Antón presenta ’50 (1975-2025)’

2025-10-13T12:54:25+02:00Noticias|

O vindeiro venres, 17 de outubro, chega o Mago Antón á nosa vila co seu espectáculo de maxia '50 (1975-2025)'. Este espectáculo percorre os 50 anos explorando os límites do imposible. 50 anos nos escenarios cunha función que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas. “50” siñifica mellora, crecemento, liberdade e felicidade. [...]

Carglass estará nas Somozas para aplicar un tratamento antichoiva e antimosquitos

2025-10-10T16:58:07+02:00Noticias|

Carglass estará nas Somozas para aplicar un tratamento antichoiva e antimosquitos nos vehículos. Con este servizo gratuíto será posible mellorar a visibilidade, limpeza e eficacia do parabrisas do teu automóbil. Estará o luns e martes, 20 e 21 de outubro, na praza do Concello, en horario de 9:30 a 15:00 horas. Para desfrutar deste servizo [...]

Corte subministración de luz o vindeiro 15 de outubro

2025-10-10T14:48:29+02:00Noticias|

O vindeiro martes, 15 de outubro, entre as 00:00 e as 2:00 horas, o Grupo Naturgy levará acabo traballos de mantemento nalgunhas instalacións da rede eléctrica, o que pode provocar cortes da subministración. Estes cortes efectuaranse nas seguintes rúas: - Rúa As Camelias nº1 - Rúa Os Magnolios nº8 - Lugar A Igrexa nº A, [...]

Obradoiro de alimentación saudable o vindeiro 4 de novembro

2025-10-09T17:23:59+02:00Noticias|

O Concello de As Somozas, xunto a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un obradoiro gratuíto sobre alimentación saudable o vindeiro 4 de novembro. A formación terá lugar no salón de plenos do Concello de As Somozas, en horario de 16:00 a 20:00 horas. Os contidos xerais do curso tratarán a tipoloxía de alimentos [...]

Libro saúdable da estación do outono dentro do plan de Información e sensibilización da Axenda 2030

2025-10-08T14:34:10+02:00Noticias|

Este outono, a Axencia de Lectura das Somozas, dentro do ODS 3 Coidado da Saúde, anímate a coidar da túa saúde mental a través do libro Por si las voces vuelven, de Ángel Martín. Ángel Martín é presentador, monologuista, guionista, actor, músico, streamer, así como tamén un dos humoristas más coñecidos en España. (Podes seguilo [...]

Acta de constitución do tribunal para a creación dunha bolsa de contratación para o posto de operario de servizos

2025-10-02T16:56:45+02:00Noticias|

Nas Somozas a 2 de outubro de 2025 sendo as 10:00h reúnense no salón de usos múltiples do concello os membros do tribunal cualificador designados pola alcaldía, que se constituen para a creación dunha bolsa de contratación para o posto de operario de servizos. Consulta a acta nesta ligazón

As Somozas acollerá o 11 de outubro a I Xuntanza de Clásicos e a Festa do Lisco

2025-10-02T16:28:05+02:00Noticias|

O Concello das Somozas acollerá unha dobre cita o vindeiro 11 de outubro coa I Xuntanza de Clásicos e a Festa do Lisco. A Xuntanza de Clásicos dará comezo ás 10:30 horas coa recepción aos turismos na praza do Concello, para as 12:30 horas dar comezo á ruta turística para as persoas participantes.  Haberá, ademais, [...]

‘Un saco de contos’, de María da Pontragha

2025-09-30T14:06:40+02:00Noticias|

O vindeiro venres, 3 de outubro, poderedes gozar de contos e cancións de tradición oral típicas de Galicia. María da Pontragha foi recollendo a nosa tradición oral e encheu 'Un saco de contos', que traerá á Axencia de Lectura das Somozas ás 20:00 horas. O contacontos apto para público a partir de seis anos forma [...]

Go to Top