O vindeiro venres, 17 de outubro, chega o Mago Antón á nosa vila co seu espectáculo de maxia ’50 (1975-2025)’.

Este espectáculo percorre os 50 anos explorando os límites do imposible. 50 anos nos escenarios cunha función que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas. “50” siñifica mellora, crecemento, liberdade e felicidade. É a culminación de algo e o comezo dunha nova etapa.

O Magomóbil estará instalado na praza do concello das Somozas e contará con dous pases, un ás 18:30 h e outro ás 20:00 h. 

A entrada será por orde de chegada, ata completar capacidade.

Actividade incluída dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.