O Concello de As Somozas, xunto a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un obradoiro gratuíto sobre alimentación saudable o vindeiro 4 de novembro.

A formación terá lugar no salón de plenos do Concello de As Somozas, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Os contidos xerais do curso tratarán a tipoloxía de alimentos (pirámide alimentaria) e tamén o papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento, na saúde e na prevención da enfermidade. Tamén se tratarán recomendacións para unha alimentación saudable e unha formación para aprender a ler as etiquetas de nutrición.

Este obradoiro ten o obxectivo de que as persoas asistentes adquiran beneficios dunha boa alimentación, así como que poidan adquirir coñecementos sobre alimentación que se poidan implementar na vida diaria.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas en acudir ao obradoiro poden inscribirse a través do teléfono de Servizos Sociais do Concello 981 404 101 (Ext 2),  no 881 042 066 ou a través da propia plataforma da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.