O vindeiro venres, 3 de outubro, poderedes gozar de contos e cancións de tradición oral típicas de Galicia.
María da Pontragha foi recollendo a nosa tradición oral e encheu ‘Un saco de contos’, que traerá á Axencia de Lectura das Somozas ás 20:00 horas.
O contacontos apto para público a partir de seis anos forma parte da iniciativa Rimas e Letras do programa Ler Conta Moito.