O Concello das Somozas abre, ata o 23 de setembro, o prazo de preinscrición para a programación cultural 25/26 do Centro Cívico Sociocultural das Somozas.
Unha iniciativa con actividades culturais para todas as idades.
-
TEATRO INFANTIL
Obradoiro para que a rapaza aprenda técnica teatrais mentras se diverte e desfruta dunha actividade amena e divertida. Desenvolverase co alumnado xogos dramáticos, diferentes técnicas teatrais e de desenvolvemento corporal que se axeiten mellor ao obxectivo.
Luns, en horario de 17:30 a 18:45 h, para rapazada de infantil e primaria. Os menores de 6 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.
-
TEATRO ADULTOS
O obxectivo final desta actividade é representar unha obra ante o público do municipio. Desenvolverase co alumnado xogos dramáticos, diferentes técnicas teatrais e de desenvolvemento corporal que se axeiten mellor ao obxectivo.
Martes, en horario de 17:00 a 18:15 h, para mozos (maiores de 12 anos) e adultos.
-
INGLÉS ADULTOS
Terá como obxectivo conseguir coñecementos básicos do idioma inglés, empezando con palabras esenciais ata conseguir certa soltura. Centrarase inicialmente na parte gramatical para ir avanzando á parte oral.
Xoves, en horario de 18:30 a 20:00 horas.
-
INFORMÁTICA ADULTOS
Esta actividade ten como obxectivo conseguir soltura no uso do ordenador e internet, así como aprender a usar os diferentes recursos das administracións de maneira online (SERGAS, Seguridade Social, Facenda, sedes electrónicas, uso do correo electrónico, paquete office, entre outros).
Venres, en horario de 11:00 a 12:30 horas.
- Para poder levar a cabo estas clases será necesario un mínimo de 5 alumnos/as por grupo.
- Prazas limitadas a 12 alumnos/as por grupo.
- As sesións desenvolveranse desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de maio de 2026
- Estas actividades están financiadas na súa totalidade polo Concello de As Somozas.
Preinscricións abertas ata o 23 de setembro no Centro Cívico Sociocultural.