window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

O Concello das Somozas divulgará novas convocatorias de axudas autonómicas para aluguer e renovación de vivendas

2022-03-08T21:27:56+01:00Noticias|

O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, participou onte en Ferrol nun encontro informativo xunto á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros. Nesta xuntanza, enmarcada nos encontros #ConstruíndoFogar da Xunta, [...]

Unha unidade móbil de ITV de vehículos agrícolas estará nas Somozas o 12 e o 13 de abril

2022-03-08T13:47:44+01:00Noticias|

Os días 12 e 13 de abril estará nas Somozas unha unidade móbil para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas. Situarase na urbanización O Carballo en hroario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. O mércores 13 de abril só funcionará en horario de mañá. Solicita a túa cita previa [...]

Servizo de atención por videoconferencia ‘Catastro Directo’ activo a partir do 14 de marzo

2022-03-08T12:51:18+01:00Noticias|

Desde o vindeiro 14 de marzo, xa poderedes resolver as vosas dúbidas no ámbito catastral a través do servizo de atención por videoconferencia 'Catastro Directo (CADI)'. Para poder utilizalo é necesario solicitar cita previa na Línea Directa del Catastro: 91 387 45 50 / 902 3736 35. Máis información en https://bit.ly/3CpYbUX.

Manifesto da Fegamp en conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller

2022-03-07T16:44:01+01:00Noticias|

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, realizará a lectura do manifesto aprobado pola Fegamp para este 2022 no Salón de Plenos do Concello. Le o manifesto completo aquí.

Inchables, merenda, teatro e premios aos mellores disfraces para celebrar o Entroido nas Somozas

2022-02-16T11:06:01+01:00Noticias|

As Somozas terá o vindeiro 25 de febreiro unha cita co Entroido. As instalacións do pavillón municipal acollerán a partir das 17:00 horas unha celebración na que non faltarán os inchables, a merenda, o teatro e os concursos de disfraces para as máis pequenas e pequenos da casa. A rapazada poderá gozar de diferentes xogos [...]

Aprobación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de persoal docente para o obradoiro dual de emprego ‘EUME III’

2021-11-29T13:17:10+01:00Noticias|

Podedes acceder nesta ligazón á aprobación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de persoal docente para o obradoiro dual de emprego 'EUME III'

As Somozas licita por 70.000 euros a instalación de novos puntos de iluminación LED na Garita

2021-11-19T19:23:08+01:00Noticias|

O Concello das Somozas acaba de sacar a licitación o proxecto de renovación do sistema de iluminación con tecnoloxía LED no núcleo da Garita, na parroquia das Somozas, cun orzamento de 57.063 euros. Esta intervención, incluída dentro do Plan Único da Deputación da Coruña, contempla a mellora da seguridade e da eficiencia da rede de [...]

Convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal docente da especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio do obradoiro dual de emprego ‘Eume III’

2021-11-16T10:19:47+01:00Noticias|

Podes acceder á convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal docente da especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio do obradoiro dual de emprego 'Eume III' a través desta ligazón.

Listaxe provisional (4ª ampliación de data 3/11/2021) do proceso de selección do alumnado do obradoiro de emprego ‘Eume III’

2021-11-10T14:46:22+01:00Noticias|

Podedes acceder á listaxe provisional (4ª ampliación de data 3/11/2021) do proceso de selección do alumnado do obradoiro de emprego 'Eume III' a través desta ligazón.

Go to Top