O alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, participou onte en Ferrol nun encontro informativo xunto á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Nesta xuntanza, enmarcada nos encontros #ConstruíndoFogar da Xunta, a conselleira anunciou novas axudas autonómicas para a rehabilitación de edificios e vivendas.

Desde o pasado venres, 4 de marzo, pódese solicitar unha axuda que pode chegar ata os 3.000 euros para a substitución de ventás, se ben a meirande parte de reformas que supoñan un aforro enerxético poderán acollerse tamén a esta convocatoria. Inclúense, por exemplo, substitucións de caldeiras por outras que non consuman enerxía fósil, ou o illamento de fachadas e tellados. Podes realizar o trámite a través da Sede Electrónica da Xunta, en https://bit.ly/3CqOBAY. Máis información en https://bit.ly/3CmaC48.

En canto ás axudas para o alugueiro de vivendas, mantéñense programas como o Bono social ou o Bono para vítimas de violencia de xénero. Nas vindeiras semanas tamén se habilitarán as solicitudes para o Bono de alugueiro mozo e os incentivos para menores de 35 anos que opten por vivir como arrendatarios no rural. Todas as convocatorias están dispoñibles a través de https://bit.ly/3hQZ8MG.