As Somozas terá o vindeiro 25 de febreiro unha cita co Entroido. As instalacións do pavillón municipal acollerán a partir das 17:00 horas unha celebración na que non faltarán os inchables, a merenda, o teatro e os concursos de disfraces para as máis pequenas e pequenos da casa.

A rapazada poderá gozar de diferentes xogos inchables e terá á súa disposición unha merenda para conmemorar a festividade. Tamén contará coa animación da compañía Moc Moc co seu espectáculo ‘Merecidamente’, incluído dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Dentro da programación inclúense, ademais, premios para os mellores disfraces. Todas as actividades desenvolveranse respectando todas as normativas vixentes para a prevención de contaxios por covid-19.

O evento conta coa organización do Concello das Somozas e a ANPA do CEIP O Marbán, así como a colaboración da Deputación da Coruña e SAVA Servicios Deportivos.