window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

O Concello convoca axudas para apoio á natalidade con achegas de ata 3.000 euros

2022-05-30T17:34:23+02:00Noticias|

O Concello das Somozas convoca axudas para apoiar a natalidade con achegas de ata 3.000 euros. Preténdese un dobre obxectivo: por unha banda, fomentar a natalidade como medida complementaria de apoio ás familias e, por outro lado, a fixación da poboación no termo municipal. Están destinadas tanto para as nenas e nenos nados entre o [...]

Aprazada a Xornada do Medio Ambiente

2022-05-28T12:48:46+02:00Noticias|

Desde o Concello das Somozas e a Asociación de Empresarios das Somozas lamentamos comunicar que, por razóns alleas á nosa vontade, vémonos na obriga de aprazar a Xornada do Medio Ambiente que estaba programada para o vindeiro venres 3 de xuño. Rogamos nos desculpedes polas molestias ocasionadas e informaremos sobre futuros cambios acerca desta data.

Unha unidade móbil de doazón sanguínea chegará Ás Somozas o vindeiro 26 de maio

2022-05-18T11:48:51+02:00Noticias|

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chegará ao noso concello o vindeiro xoves, día 26 de maio. Estará dispoñible en horario de 16:00 a 21:00 horas diante da casa consistorial. Para poder realizar doazóns é necesario levar tarxeta de doante, DNI ou documentación similar.

A Escola de Seixas acollerá a Festa dos Maios o vindeiro 21 de maio

2022-05-13T17:44:13+02:00Noticias|

O vindeiro sábado 21 terá lugar a Festa dos Maios na Escola de Seixas. A sesión de mañá comezará ás 11:00 horas coa realización do tradicional maio. Lembrade traer material para crear o maio: fiuncho, xestas ou outro verde, flores, mondas de laranxa Pola tarde, apartir das 17:00 horas, haberá obradoiros de elaboración de produtos [...]

As Somozas acollerá o III Torneo de Pádel da semana do 30 de maio ao 4 de xuño.

2022-05-13T17:37:07+02:00Noticias|

Chega ao Concello As Somozas o III Torneo de Pádel da semana do 30 de maio ao 4 de xuño. Desputaranse as seguintes categorías: Mixta Terceira feminina Terceira masculina Cuarta feminina Cuarta masculina Outorgaranse premios en material deportivo para as dúas primeiras parellas e o prezo da inscrición será de 15€ para unha categoría e [...]

GDES Wind organiza un curso gratuíto de 150 horas sobre a reparación de palas eólicas

2022-04-26T13:43:36+02:00Noticias|

GDES Wind organiza un curso gratuíto de 150 horas sobre a reparación de palas eólicas! Realizarase a mediadios de maio e xuño, de luns a venres (con algún sábado incluído). A primeira quenda de formación teórica terá lugar na Academia Newton, en Villalba. A segunda quenda, de formación teórico-práctica, impartirase no centro de traballo de [...]

Xa dispoñibles as axudas da Xunta de Galicia para achegar banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos do rural

2022-03-29T10:03:57+02:00Noticias|

Xa podes solicitar as axudas da Xunta de Galicia para achegar banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos afincados en zonas do rural galego. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de maio. Máis información na web https://bityl.co/BVX0, no teléfono 981 957 868 en horario de 09.00 a 15.00 h ou [...]

O Centro Dramático Galego habilita un autobús gratuíto para gozar da obra ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ en directo

2022-03-31T10:51:44+02:00Noticias|

Queres gozar da obra 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', de Avelina Pérez, en directo? O Centro Dramático Galego pon a disposición da veciñanza un autobús gratuíto para asistir ao espectáculo en Cedeira. O custo da entrada será reducido, de 6 euros. Podedes inscribirvos ata o 13 de maio enviando un correo a [...]

Aprobación de relación de admitidas e tribunal para praza de administrativo de promoción interna

2022-03-23T13:26:29+01:00Noticias|

Achégase o documento da relación de persoas admitidas e a composición do tribunal para o proceso de selección nunha praza de administrativo de promoción interna no Concello das Somozas.   APROBACIÓN RELACIÓN ADMITIDOS TRIBUNAL ADMINISTRATIVO

O Concello das Somozas organiza un obradoiro de memoria para persoas maiores de 60 anos desde marzo ata xuño

2022-03-21T12:56:51+01:00Noticias|

O departamento de Servizos Sociais do Concello das Somozas organiza un novo obradoiro de habilidades cognitivas e de memoria dirixido a persoas maiores de 60 anos. As clases comezarán o vindeiro mércores 30 de marzo e prolongaranse ata o mércores 8 de xuño. Impartiranse os luns e os mércores en horario de 16:00 a 17:30 [...]

Go to Top