O vindeiro sábado 21 terá lugar a Festa dos Maios na Escola de Seixas.

A sesión de mañá comezará ás 11:00 horas coa realización do tradicional maio. Lembrade traer material para crear o maio: fiuncho, xestas ou outro verde, flores, mondas de laranxa

Pola tarde, apartir das 17:00 horas, haberá obradoiros de elaboración de produtos e cosmética natural con Eva Bastón. Trae o teu bote para levar mostras á casa.

A festa será de balde para socios e dunha aportación voluntaria para os non socios.

Se queres inscribirte, podes facelo no 618 07 53 09.