Novo horario Centro Cívico Sociocultural
Desde hoxe, 12 de agosto, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas ten un novo horario. Será de luns a venres, en horario de mañá de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 e de 20:00 horas.
Desde hoxe, 12 de agosto, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas ten un novo horario. Será de luns a venres, en horario de mañá de 9:30 a 13:30 horas e de 16:30 e de 20:00 horas.
O Fronzal, parroquia de Seixas, celebra as súas festas na honra de San Bartolo, organizada pola comisión de Festas do Fronza e colabora o Concello das Somozas. O sábado, 24 de agosto, a veciñanza poderá gozar dunha xornada con misa ás 13:00 horas, sesión vermú a cargo do Duo Venus e xantar popular entre as [...]
As festas na honra a Santiago Apóstol continúan enchendo de actividades o Concello de Somozas. Hoxe sábado, 27 de xullo, Andrés Balado homenaxeará aos clásicos do rock nun concerto tributo. Dará comezo ás 22:30 horas. As grandes festas das Somozas darán por finalizadas mañá domingo, 28 de xullo, coa Festa do Neno a partir das [...]
O Concello das Somozas celebra, do 24 ao 28 de xullo, as súas festas na honra a Santiago Apostol. O mércores, 24 de xullo, dará comezo pola noite a tradicional festividade coas orquestras ‘La Fórmula’ e ‘Panorama’. O xoves, 25 de xullo, terán lugar varias misas na capela de San Roquiño, ás 10:00 horas, ás 11:00 horas [...]
A rapazada das Somozas xa está a gozar da iniciativa gratuíta para as familias con crianzas de entre 3 a 12 anos. Esta actividade de conciliación se desenvolve de luns a venres desde o pasado 1 de xullo e ata o 2 de agosto, en horario de 9:30 a 14:00 h. Ademais, a proposta recolle [...]
O Concello das Somozas acondiciona o campo anexo á praza da igrexa de Recemel para uso veciñal. O terreo, cedido de xeito provisional por un particular, nivelouse e acondicionouse para realizar un uso municipal e facilitar tanto o acceso como a posible instalación de palcos, orquestras ou outros elementos durante festividades ou actos. Así, a [...]
No marco do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023 - 2024, financiados pola Xunta de Galicia, estase a levar a cabo o proxecto de mellora do camiño de Cargas ata Loureiros. O investimento da actuación suma 37.962,79 euros e está recollido dentro do Programa Estratéxico da PAC 2023-2027.
Visto que as tradicionais festas patronais locais do Concello das Somozas terán lugar este ano entre os días 24 e 27 xullo. Así, ampliarase durante os días 24, 25 e 26 de xullo, unha hora os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, así como de finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas, [...]
Xa están aquí as Festas na honra de Santiago Apóstol! Comezarán o mércores, 24 de xullo, coas orquestras La Fórmula e Panorama. O xoves 25 de xullo terán lugar varias misas na capela de San Roquiño. Serán ás 10:00 horas, ás 11:00 horas e ás 12:00 horas. Ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión na [...]
O vindeiro luns, 8 de xullo, desde as 9:30 horas producirase un corte de auga que afectará a: Rúa Igrexa nº55. Rúa Oliveiras nº2. Rúa Camelias nº3 e 5. Edificio Seré. Darase aviso en canto o servizo de auga esté restablecido. Desculpen as posibles molestias ocasionadas.