O Fronzal, parroquia de Seixas, celebra as súas festas na honra de San Bartolo, organizada pola comisión de Festas do Fronza e colabora o Concello das Somozas.

O sábado, 24 de agosto, a veciñanza poderá gozar dunha xornada con misa ás 13:00 horas, sesión vermú a cargo do Duo Venus e xantar popular entre as 15:00 e as 22:30 horas, que tamén estará amenizada pola música do Dúo Venus.

O xantar terá un prezo de 32 euros por persoa (gratis para rapazada de ata 12 anos), e poderdes anotarvos a través dos teléfonos de contacto: 678 356 909 (Denio), 676 637 639 (Abel), 607 852 604 (Pepe) e 630 592 244 (Natalia).

A data límite para poder anotarse ao xantar é o luns, 19 de agosto. (Xantar servido por catering Rochela).