GDES Wind organiza un curso gratuíto de 150 horas sobre a reparación de palas eólicas!

Realizarase a mediadios de maio e xuño, de luns a venres (con algún sábado incluído).

A primeira quenda de formación teórica terá lugar na Academia Newton, en Villalba.

A segunda quenda, de formación teórico-práctica, impartirase no centro de traballo de GDES Wind no Concello das Pontes de García Rodríguez.

Se che interesa participar nesta iniciativa, con posibilidade de contratación, envía o teu CV a [email protected] indicando no asunto “Interesado/a en curso iniciación a reparación de palas eólicas”.