window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

O Boletín Oficial da Provincia publicou xa os novos procedementos de estabilización de emprego no concello das Somozas

2022-10-11T10:33:30+02:00Noticias|

Xa podedes consultar as novas convocatorias de emprego público, recollidas no Boletín Oficial da Provincia, para o concello das Somozas: Proceso selectivo para catro prazas de auxiliarde axuda no fogar. Máis información, aquí Proceso selectivo para unha praza de operario/a de servizos condutor/a. Máis información, aquí Proceso selectivo para unha praza de operario/a de servizos. [...]

Programación do Centro Cívico das Somozas do 10 ao 15 de outubro

2022-10-06T14:03:39+02:00Noticias|

Unha semana máis, a programación do Centro Cívico das Somozas vén cargada de actividades para todas as idades. Botádelle unha ollada! Luns, 10 de outubro 11:00 a 12:30 horas – Taller: Autoestima, non esquezas quererte 17:00 a 18:30 horas – Tardes de bingo Martes, 11 de outubro 11:00 a 12:30 horas – Curso: Aprende a [...]

O Concello das Somozas participará por vez primeira no programa ‘Vilas en Flor’

2022-10-06T12:57:33+02:00Noticias|

O Concello das Somozas participará por vez primeira no programa ‘Vilas en Flor’, impulsado pola Fundación Juana de Vega, unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos municipios galegos de menos de 40.000 habitantes. É un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística, na liña dalgunha das multifuncionalidades [...]

Asistir como público a Quen anda aí?

2022-10-05T13:30:50+02:00Eventos, Noticias|

Queres participar como público en Quen anda aí? Non agardes máis porque aquí está a túa oportunidade! O vindeiro 24 de outubro levamoste, en autobús, ao plató de Ordes! Esta é de balde e sairemos do centro Cívico Socio-Cultural das Somozas ás 14.00 horas. A actividade só é apta para maiores de 16 anos que [...]

Programación do Centro Cívico das Somozas do 3 ao 8 de outubro

2022-09-30T15:27:12+02:00Noticias|

Xa podedes consultar a programación de actividades ofertadas no Centro Cívico das Somozas para a vindeira semana, do 3 ao 8 de outubro. Luns, 3 de outubro 11:00 a 12:30 horas - Curso: Aprende a utilizar o Sergas Móbil 17:00 a 18:30 horas - Tardes de bingo Martes, 4 de outubro 11:00 a 12:30 horas [...]

O Concello impulsa unha nova edición do taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria

2022-09-26T17:12:12+02:00Noticias|

O Concello das Somozas impulsa unha nova edición do taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, dirixido a persoas maiores de 60 anos. Dará comezo o luns 3 de outubro e finalizará o luns 12 de decembro, desenvolvéndose no centro cívico municipal A Garita. As xornadas nas que se levará a cabo serán os luns e mércores de 16:00 [...]

Programación do Centro Cívico das Somozas do 20 ao 24 de setembro

2022-09-20T12:46:37+02:00Noticias|

Velaquí as actividades ofertadas no Centro Cívico das Somozas do 20 ao 24 de setembro:   Martes 20 de setembro 17:00 a 18:30 h - Faino ti mesmo: Preparando a Volta ao cole Mércores 21 de setembro 11:00 a 12:00 h - Obradoiro polo Día Mundial do Alzhéimer 17:00 a 18:00 h - Tempo de [...]

O Concello convoca unha liña de axudas a familias para material escolar e desprazamentos no curso 2022-2023

2022-09-21T16:32:21+02:00Noticias|

Están dirixidas a aquel alumnado que estea a cursar estudos en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato e para gastos de desprazamento para o estudantado de Ciclos Medios, Superiores e Universidade.  O alumnado de Ciclos Medios, Superiores e Universitarios non terán que acredditar o nivel de renda familiar. O Concello das Somozas convocou unha [...]

As Somozas acollerá a III Edición da Malla.

2022-09-15T14:57:37+02:00Noticias|

    Mañá arranca a III Edición da Malla, onde os participantes poden achegarse a coñecer as labores do campo máis tradicionais do noso concello. O evento dará comezo ás 15:00h, no Seixidal. Na actividade, os nosos expertos levan a cabo a malla tradicional con máquinas antigas, batendo os cereais ca finalidade de separar o [...]

Go to Top