O Concello das Somozas impulsa unha nova edición do taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, dirixido a persoas maiores de 60 anos. Dará comezo o luns 3 de outubro e finalizará o luns 12 de decembro, desenvolvéndose no centro cívico municipal A Garita. As xornadas nas que se levará a cabo serán os luns e mércores de 16:00 a 17:30 horas.

As inscricións poderán formalizarse no departamento de Servizos Sociais do Concello, antes do 30 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas. Para máis dúbidas, pódese chamar ao teléfono 981 40 41 01, na extensión 2.

No caso de que as solicitudes superen as prazas dispoñibles, terán preferencia as persoas interesadas de maior idade e orde de inscrición. Será obrigatorio terse apuntado no Concello previamente.