- Están dirixidas a aquel alumnado que estea a cursar estudos en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato e para gastos de desprazamento para o estudantado de Ciclos Medios, Superiores e Universidade.
- O alumnado de Ciclos Medios, Superiores e Universitarios non terán que acredditar o nivel de renda familiar.
O Concello das Somozas convocou unha liña de axudas a familias para material escolar no curso 2022-2023. Están dirixidas a aquel alumnado que estea a cursar estudos en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato e para gastos de desprazamento para o estudantado de Ciclos Medios, Superiores e Universidade.
O obxectivo prioritario desta acción é promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, e compensar ás familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas matriculados e matriculadas nos ámbitos mencionados anteriormente.
Abranguerá libros escolares; os de lectura que sexan necesarios durante o curso académico; material funxible (bolígrafos, cores, libretas, folios, rotuladores…); mochilas, estoxos e neceseres; material e libros específicos para o alumnado con necesidades especiais, material informático (tinta de impresora ou memorias USB); no caso de Ciclos Formativos, material específico que teña relación coa especialidade que se curse; material incluído na listaxe de Educación Infantil distinto de material funxible (toallitas húmidas e panos); no caso de estudantes de Ciclos Medios ou Superiores e Universitarios, o concepto específico que se subvenciona é o de desprazamentos.
Os requisitos que deben cumprirse para a solicitude das axudas son: estar empadroado/a no Concello das Somozas; que a solicitude estea formulada polo pai, nai, titor/a do/a alumna/o cando sexan menores de idade. No caso de ser maiores de idade, deberán tramitar a solicitude ao seu nome. A alumna/o debe ter escolarización durante o curso 2022/2023, nalgún dos niveis descritos nun centro de ensinanza pública; non ter débedas co Concello das Somozas; cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións de 10 da Lei 9/2007; non superar os ingresos, en particular a suma das bases impoñibles do IRPF que establece o baremo económico que se pode consultar nas bases. Si a alumna/o para a/o que se solicita a axuda ten recoñecida pola Xunta de Galicia un Grao de Discapacidade igual ou superior a un 33% recibirá a contía máxima correspondente ao curso no que está matriculado e non haberá límite de ingresos. O alumnado de ciclos medios, superiores e universitarios non terán que acreditar o nivel de renda familiar.
As solicitudes presentaranse xunto coa documentación correspondente no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica do Concello das Somozas, empregando o formulario dispoñible no enderezo web municipal. Presentaranse en vinte días naturais a contar desde o seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ata o 5 de outubro de 2022.
Podes acceder á Sede Electrónica do Concello para realizar a túa solicitude no seguinte enlace.
DOCUMENTOS DE INTERESE: