window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Eventos

Festival de Nadal das Somozas 2025

2025-12-11T17:04:11+01:00Eventos, Noticias|

O vindeiro 19 de decembro, a partir das 16:00 horas, o polideportivo municipal acollerá o Festival de Nadal das Somozas 2025. A programación da xornada inclúe chocolatada, inchables, visita de Papá Noel, e o espectáculo de teatro de proximidade Os Elfos de Laponia. Animamos a toda a veciñanza a acudir e vivir unha tarde máxica [...]

As Somozas aproba o POS+2025 por valor de máis de 438.000 euros

2025-02-12T12:24:02+01:00Eventos, Noticias|

O Concello das Somozas aprobou a pasada semana en pleno as actuacións e investimentos que serán financiadas pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS 2025), por valor de 438.143,98 euros. Así, o Concello destinará esta achega provincial para mellorar accesos e a seguridade viaria en varios puntos do municipio, [...]

As Somozas celebrará a súa gran festa de Entroido o 28 de febreiro no pavillón municipal

2025-02-11T19:16:09+01:00Eventos, Noticias|

As Somozas celebrará a súa gran festa de Entroido o vindeiro 28 de febreiro no pavillón municipal, de 17:00 a 20:00 horas. A xornada contará cos concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e actuación de Paco Nogueiras co seu show ‘Brinca Vai!, de aquí a acolá’. Este ano destaca a inclusión do concurso [...]

Viaxe a Portugal

2025-02-10T12:12:13+01:00Eventos, Noticias|

O vindeiro sábado, 22 de febreiro, o Concello das Somozas organiza unha viaxe a Portugal. O autobús sairá ás 7:30 horas da mañá desde o Centro Cívico Sociocultural e durante o traxecto realizará varias paradas, sendo a primeira visita en Vilanova de Cerveira, onde visitaremos a famosa feira que se celebra nesta localidade cada sábado. [...]

Curso de defensa persoal feminina

2025-01-14T18:05:19+01:00Eventos, Noticias|

O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá un curso gratuíto de defensa persoal feminina o vindeiro sábado, 8 de febreiro, ás 10:00 horas (a concretar).  Será impartido por persoal especialista en defensa persoal e a través adestramento físico e psíquico dotarán ás mulleres de ferramentas suficientes para sentirse seguras nunha situación de risco en todos os [...]

III Andaina Santiaguiña

2024-12-23T14:14:36+01:00Eventos, Noticias|

A Asociación deportiva e cultural O Santiaguiño organiza, en colaboración co Concello das Somozas, a III Andaina Santiaguiña solidaria. A cita terá lugar o vindeiro luns, 30 de decembro, e partirá á s 17:30 horas desde a praza do Concello.  A ruta percorrerá Poelle, Martinga, Chao, Cascada, Coto, para finalmente regresar ao punto de saída. Ademais, [...]

As Somozas súmase á campaña 2030

2024-12-18T11:35:16+01:00Eventos, Noticias|

As Somozas sumouse á campaña da Axenda2030, que está actualmente na fase de avaliación dos resultados. O obxectivo do programa é dar a coñecer entre a veciñanza das Somozas a importancia da realización de pequenas achegas dende o local para poder desenvolver os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible ( ODS ) establecido na Axenda 2030 [...]

Xuntanza de Nadal da Asociación de Veciños de Seixas

2024-12-10T13:27:15+01:00Eventos, Noticias|

A Asociación de Veciños de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas, organiza unha Xuntanza de Nadal na que se levará a cabo a asamblea anual de Socios/as 2024. A xuntanza terá lugar o sábado, 21 de decembro, a partir das 17:00 h na Escola de Seixas. Ademais da asamblea anual de Socios, tratarase o [...]

Festival de Nadal das Somozas 2024

2024-12-03T16:36:58+01:00Eventos, Noticias|

O vindeiro 20 de decembro, ás 17:00 horas, o polideportivo municipal acollerá o Festival de Nadal das Somozas. A programación da xornada inclúe chocolatada, inchables, visita de Papá Noel, e actuación de maxia do Mago Paco. 17:00 – 18:00 Inchables 17:30 – 18:00 Chocolatada 18:00 – 19:00 Actuación do mago Paco 19:00 – 20:00 Papá [...]

Programación de Nadal das Somozas

2024-12-03T16:44:56+01:00Eventos, Noticias|

O Nadal chega ás Somozas cunha programación que abrangue do 3 ao 27 de decembro.  Axencia de Lectura organiza un obradoiro de decoración de Nadal con libros. Os martes 3 e 10 de decembro, en horario de 17:00-19:00 h, para un público de 12-18 anos. Os mércores 4 e 11 de decembor, en horario de [...]

Ir a Arriba