As Somozas sumouse á campaña da Axenda2030, que está actualmente na fase de avaliación dos resultados.
O obxectivo do programa é dar a coñecer entre a veciñanza das Somozas a importancia da realización de pequenas achegas dende o local para poder desenvolver os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible ( ODS ) establecido na Axenda 2030 , como un compromiso asinado por 193 países no ano 2015 para poder materializar a declaración de dereitos Humans en accións e metas concretas e para constribuir o desenvolvemento sostible do planeta dende un punto de vista económico. social e medioambiental poñendo as persoas no centro, sen deixar atrás a ninguén .
Medidas divulgativas
- Instalación de fontes públicas na casa do concello, centro cívico e pavillón polideportivo para reducir residuos plásticos e fomentar o uso de envases reutilizables entre os empregados públicos e usuarios de instalacións municipais para un consumo de auga potable a traves da distribucion de envases reutilizables e a instalación de fontes de auga .
- Instalación de cubos para a recollida selectiva de papel e plástico dentro dos edificios municipais para fomentar a reciclaxe dos residuos xerados dentro dos edificios administrativas , sociais e deportivos do concello das Somozas , facilitados por ecoembes.
Tamén, deuse difusión coa distribución de material divulgativo e pedagóxico entre a veciñanza e coa distribución de material publicitario (botellas) entre os empregados públicos e usuarios de instalacións municipais para fomentar a reutilizacion de envases, consumo de auga potable e redución de residuos plásticos .
Ademais, no marcos desta campaña, o pasado 21 de novembro tivo lugar o 1º Pleno Infantil das Somozas, co obxectivo de facilitar a participación infantil nos asuntos públicos e que a rapazada acheguase propostas para mellorar o munipicio desde a óptica da Axenda 2030, desenvolvendo os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible, para poder transformar o mundo dende o local ao universal. Ao abeiro do disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local. O traballo e as propostas foron realizadas polo cursos de 1º a 6º de primaria de CEIP O Marbán e foron defendidas polos representantes de cada curso elexido entre a rapazada, formando tres grupos.
