O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá un curso gratuíto de defensa persoal feminina o vindeiro sábado, 8 de febreiro, ás 10:00 horas (a concretar).
Será impartido por persoal especialista en defensa persoal e a través adestramento físico e psíquico dotarán ás mulleres de ferramentas suficientes para sentirse seguras nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida.
O aprendizaxe inclúe técnicas para controlar a respiración e actuar fronte ao medo; así como técnicas de inmobilización, de derribo e de esquivar a un posible atacante. O curso desenvolverase con dinámicas distendidas e dun xeito divertido co obxectivo de que as participantes saian ganando en autoconfianza e seguridade.
O curso está dirixido a mulleres adultas (ou maiores de 16 anos con autorización por escrito dos seus pai/nai ou titores legais), cunha boa condición física.
A inscrición realizarase de xeito presencial no departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao 881 042 066 e recoméndase levar roupa cómoda. É imprescindible ter un mínimo de 7 mulleres inscritas para a súa realización.
Actividade organizada polos Servizos Sociais de Atención Primaria en colaboración coa Xunta de Galicia, FEGAMP e a rede de entidades locais contra a violencia de xénero.