A Asociación de Veciños de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas, organiza unha Xuntanza de Nadal na que se levará a cabo a asamblea anual de Socios/as 2024.

A xuntanza terá lugar o sábado, 21 de decembro, a partir das 17:00 h na Escola de Seixas.

Ademais da asamblea anual de Socios, tratarase o estado de contas, as actividades realizadas no 2024, actividades programadas para o 2025, propostas para mellora da parroquia e renovación da directiva. Tamén haberá unha chocolatada de Nadal.

As persoas interesadas deberán anotarse, antes do 19 de decembro, chamando ao teléfono 619 87 82 22 (Cris).