A Asociación deportiva e cultural O Santiaguiño organiza, en colaboración co Concello das Somozas, a III Andaina Santiaguiña solidaria.

A cita terá lugar o vindeiro luns, 30 de decembro, e partirá á s 17:30 horas desde a praza do Concello. 

A ruta percorrerá Poelle, Martinga, Chao, Cascada, Coto, para finalmente regresar ao punto de saída. Ademais, durante a ruta farase unha parada de avituallamento no ‘Coto Navideño’.

O prezo é de 10 euros para os adultos e 5 euros para á rapazada. A recadación íntegra destinarase ás persoas afectada pola DANA acontecida na comunidade valenciana.

A maiores, todo o que desexe colaborar poderá facelo ese día na praza do Concello.