O vindeiro sábado, 22 de febreiro, o Concello das Somozas organiza unha viaxe a Portugal.
O autobús sairá ás 7:30 horas da mañá desde o Centro Cívico Sociocultural e durante o traxecto realizará varias paradas, sendo a primeira visita en Vilanova de Cerveira, onde visitaremos a famosa feira que se celebra nesta localidade cada sábado.
Tras almorzar nun restaurante da zona, retomaremos a viaxe ata Valença do Minho, poboación moi recoñecida pola súa fortaleza, e lugar de múltiples tendas nas que as persoas que o desexen poderán realizar as súas compras.
Tras a visita de Valença iniciarase o regreso a As Somozas.
As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 18 de febreiro, na Casa do Concello. O viaxe terá un custo de 25 euros. As prazas son limitadas e o pagamento realizarase cando se inscriban como mínimo 30 persoas.
Esta viaxe conta cunha subvencion do Concello das Somozas.