window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

A administración preto de ti

2023-02-07T18:13:49+01:00Noticias|

O vindeiro luns, 13 de febreiro, o Centro Cívico das Somozas acollerá o programa 'A administración preto de ti', organizado polo Ministerio de Política Territorial. Durante a actividade, que dará comezo ás 11:30 horas, as persoas participantes recibirán asesoramento gratuíto sobre as xestións máis habituais. Ademais, poderán obter o certificado dixital e a Cl@ave permanente [...]

As Somozas festexará o Entroido o vindeiro 17 de febreiro cunha festa infantil e desfile de disfraces

2023-02-07T11:13:01+01:00Noticias|

As Somozas festexará o Entroido o vindeiro 17 de febreiro cunha festa infantil, que contará con agasallos e sorpresas, e o desfile de disfraces, tanto infantil como adulto. A xornada dará comezo ás 17:00 horas e terá lugar no Complexo Multiusos. Para garantir unha correcta organización do evento, recoméndase realizar a inscrición no mesmo Complexo, [...]

Programación do Centro Cívico da semana do 6 ao 11 de febreiro

2023-02-06T13:58:37+01:00Noticias|

LUNS, 6 DE FEBREIRO 11:00 A 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA Aprende a traballar no ordenador, buscar en Internet, facer documentos… Dirixido a adultos. Nº Prazas: 10. Previa inscrición presencial no Centro Cívico. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. A actividade realizarase de febreiro a marzo. 17:00 A 18:30 TARDES DE BINGO E PARTIDAS [...]

PROCESO SELECTIVO PARA A PRAZA DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA E ARQUIVO. PUBLICADO A 2 DE FEBREIRO.

2023-02-02T09:46:20+01:00Noticias|

Primeiro exercicio do proceso selectivo para a selección dunha praza de auxiliar de Biblioteca e Arquivo (C2): Descarga o documento completo: Proceso Selectivo Auxiliar de Biblioteca

Regulamento de funcionamento do Viveiro de Empresas publicado no Boletín Oficial da Provincia a 27 de xaneiro

2023-01-30T12:47:49+01:00Noticias|

Aprobación definitiva do Regulamento de funcionamento do Viveiro de Empresas do Concello das Somozas. Consulta aquí o documento. Aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de Viveiro de Empresas do Concello das Somozas. Consulta aquí o documento.

Nomeamentos de persoal publicados no Boletín Oficial da Provincia a 30 de xaneiro de 2023

2023-01-30T12:42:18+01:00Noticias|

Nomeamento de persoal laboral fixo coa categoría de operario de servizos. Consulta aquí o documento. Nomeamento de persoal laboral fixo coa categoría de auxiliares de axuda no fogar. Consulta aquí o documento.  

Sesión informativa sobre “novas aplicacións tecnolóxicas do Sergas”.

2023-01-27T14:36:22+01:00Noticias|

O próximo martes, 31 de xaneiro, ás 12:30 horas, o Centro de Saúde das Somozas levará a cabo unha sesión informativa sobre "novas tecnoloxías do Sergas". Informarase sobre as posibilidades e usos da Chave365 e outras aplicacións do propio Sergas. O persoal estará presente durante toda a xornada para aclarar calquera dúbida ou proporcionar información [...]

Go to Top