As Somozas festexará o Entroido o vindeiro 17 de febreiro cunha festa infantil, que contará con agasallos e sorpresas, e o desfile de disfraces, tanto infantil como adulto.

A xornada dará comezo ás 17:00 horas e terá lugar no Complexo Multiusos. Para garantir unha correcta organización do evento, recoméndase realizar a inscrición no mesmo Complexo, no teléfono 618 416 994, dos días 7 ao 14 de febreiro.

Desde o Concello animan a toda a veciñanza a “pasar un bo anaco nunha das festas máis características de todo o ano, e acudir coas mellores vestimentas para recibir o Entroido como se merece”.