O próximo martes, 31 de xaneiro, ás 12:30 horas, o Centro de Saúde das Somozas levará a cabo unha sesión informativa sobre “novas tecnoloxías do Sergas”.

Informarase sobre as posibilidades e usos da Chave365 e outras aplicacións do propio Sergas.

O persoal estará presente durante toda a xornada para aclarar calquera dúbida ou proporcionar información adicional.

A maiores, os martes alternos ao longo deste ano 2023, cada dúas semanas, a veciñanza tamén poderá achegarse ao centro para tratar estas cuestións.

As persoas interesadas poden inscribirse no propio Centro de Saúde.