window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

‘A pousada da pantasma coxa’ da Asociación Cultural Faiscas

2025-03-18T10:51:46+01:00Noticias|

O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro  21 de marzo, partir das 20:00 horas, a obra de teatro "A Pousada da Pantasma Coxa", unha comedia da Asociación Cultural Faiscas. O espectaculo está dirixido a maiores de 12 anos.  Mariquiña e Teresiña, dúas camareiras de piso, son as protagonistas desta divertida historia. Ambas traballan nun [...]

Acta de constitución do tribunal para a selección de tres prazas de peón

2025-03-17T15:29:28+01:00Noticias|

Acta de constitución do tribunal para a selección de tres persoas para a súa contratación laboral temporal como peóns para o Servizo do programa PEL da Deputacion para a realización de tarefas de limpieza viaria segundo as bases aprobadas no decreto no 2025-0072 o día 28/02/2025 Consulta a acta aquí.

Taller de habilidades cognitivas-obradoiro de memoria

2025-03-14T16:49:30+01:00Noticias|

As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria. Unha actividade organizada polo Concello das Somozas, cofinanciada pola Deputación da Coruña, e que terá lugar do luns, 24 de marzo, ao mércores, 28 de maio. Esta iniciativa, dirixida a persoas de 65 ou máis anos, realizarase todos os luns e mércores, [...]

Gran acollida da festa de Entroido das Somozas

2025-03-12T11:36:25+01:00Noticias|

As Somozas volveu celebrar por todo o alto a gran festa de Entroido no pavillón municipal. A xornada, que tivo lugar o 28 de febreiro, contou con concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e actuación de Paco Nogueiras co seu show ‘Brinca Vai!, de aquí a acolá’. A programación deu comezo coa degustación [...]

Entrega dos composteiros domésticos

2025-03-11T11:59:47+01:00Noticias|

O Concello das Somozas súmase ao Programa de Compostaxe Doméstico impulsado por Sogama e repartirá ata 50 composteiros entre a súa veciñanza. A entrega dos composteiros e do material para a elaboración do compost desde as vivendas unifamiliares terá lugar este xoves, 13 de marzo, ás 17:30 horas, no Salón de Actos do Concello.  O [...]

Actividades Axencia de Lectura e do Arquivo

2025-03-07T12:33:57+01:00Noticias|

A Axencia de Lectura das Somozas, dentro do ODS 3 Coidado da Saúde, anímate a coidar da túa alimentación a través do libro Mi dieta ya no cojea, de Aitor Sánchez. Aitor Sánchez é un nutricionista que divulga os seus coñecementos en charlas TED, nas redes sociais ou no seu blog. Por iso, convidámosvos a [...]

PROGRAMACIÓN DO CENTRO CÍVICO DO 10 AO 14 DE MARZO

2025-03-06T17:02:51+01:00Noticias|

LUNS 10 DE MARZO 11:00 – 12:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS Dirixido a adultos.   17:00 – 19:00 BINGO E CARTAS Dirixido a adultos.   19:30 – 21:00 IOGA   MARTES 11 DE MARZO 16:30 – 20:00 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES    MÉRCORES 12 DE MARZO 19:30 - 21:00 IOGA   XOVES 13 [...]

Go to Top