O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro  21 de marzo, partir das 20:00 horas, a obra de teatro “A Pousada da Pantasma Coxa”, unha comedia da Asociación Cultural Faiscas. O espectaculo está dirixido a maiores de 12 anos. 

Mariquiña e Teresiña, dúas camareiras de piso, son as protagonistas desta divertida historia. Ambas traballan nun pequeno hotel propiedade de dona Sabela, un establecemento que loita por sobrevivir ás débedas. Ante a difícil situación, deciden promocionar o hotel como un lugar encantado pola pantasma coxa, que supostamente aparece polas noites, buscando atraer a clientes curiosos.

Actividade dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.