A Axencia de Lectura das Somozas, dentro do ODS 3 Coidado da Saúde, anímate a coidar da túa alimentación a través do libro Mi dieta ya no cojea, de Aitor Sánchez.
Aitor Sánchez é un nutricionista que divulga os seus coñecementos en charlas TED, nas redes sociais ou no seu blog. Por iso, convidámosvos a ler este libro Mi dieta ya no cojea, unha guía práctica para comer sano sen complicacións.  Probades?
Ademais, o documento do mes do Arquivo das Somozas destaca a  mostra documental sobre os rexistros de actas de pleno do concello, xa que o 7 de marzo do ano 1838 constituíuse o concello e iniciouse a andadura do municipio que xa suma 187 anos. Feliz aniversario!