As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria.

Unha actividade organizada polo Concello das Somozas, cofinanciada pola Deputación da Coruña, e que terá lugar do luns, 24 de marzo, ao mércores, 28 de maio.

Esta iniciativa, dirixida a persoas de 65 ou máis anos, realizarase todos os luns e mércores, de 15:30 a 17:30 horas, no Centro Cívico A Garita.

Inscricións abertas ata o 21 de marzo, no Departamento de Servizos Sociais do Concello (en horario de 10:00 a 14:00 horas), ou chamando ao 981 404 101.

Descarga a folla inscrición na seguinte ligazón: Folla inscripción 2025

No caso de que as solicitudes superen as prazas dispoñibles, terán preferencia os interesados de maior idade e a orde de inscripción. Será obrigatorio terse apuntado no Concello previamente.