window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

artabracom

About Ártabra Comunica

This author has not yet filled in any details.
So far Ártabra Comunica has created 989 blog entries.

Comezo das obras de construción da senda peonil que une A Garita con Agraxoiba

2025-03-18T13:04:09+01:00Noticias|

O Concello das Somozas deu comezo as obras de construción da senda peonil que unirá A Garita con Agraxoiba. Esta intervención, subvencionada pola Deputación da Coruña, conta cun investimento de 77.000 euros no proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-110, en Agraxoiba. A finalidade da execución destas obras é a mellora e conservación [...]

‘A pousada da pantasma coxa’ da Asociación Cultural Faiscas

2025-03-18T10:51:46+01:00Noticias|

O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro  21 de marzo, partir das 20:00 horas, a obra de teatro "A Pousada da Pantasma Coxa", unha comedia da Asociación Cultural Faiscas. O espectaculo está dirixido a maiores de 12 anos.  Mariquiña e Teresiña, dúas camareiras de piso, son as protagonistas desta divertida historia. Ambas traballan nun [...]

Acta de constitución do tribunal para a selección de tres prazas de peón

2025-03-17T15:29:28+01:00Noticias|

Acta de constitución do tribunal para a selección de tres persoas para a súa contratación laboral temporal como peóns para o Servizo do programa PEL da Deputacion para a realización de tarefas de limpieza viaria segundo as bases aprobadas no decreto no 2025-0072 o día 28/02/2025 Consulta a acta aquí.

Taller de habilidades cognitivas-obradoiro de memoria

2025-03-14T16:49:30+01:00Noticias|

As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria. Unha actividade organizada polo Concello das Somozas, cofinanciada pola Deputación da Coruña, e que terá lugar do luns, 24 de marzo, ao mércores, 28 de maio. Esta iniciativa, dirixida a persoas de 65 ou máis anos, realizarase todos os luns e mércores, [...]

Gran acollida da festa de Entroido das Somozas

2025-03-12T11:36:25+01:00Noticias|

As Somozas volveu celebrar por todo o alto a gran festa de Entroido no pavillón municipal. A xornada, que tivo lugar o 28 de febreiro, contou con concursos de disfraces e de doces típicos, inchables e actuación de Paco Nogueiras co seu show ‘Brinca Vai!, de aquí a acolá’. A programación deu comezo coa degustación [...]

Entrega dos composteiros domésticos

2025-03-11T11:59:47+01:00Noticias|

O Concello das Somozas súmase ao Programa de Compostaxe Doméstico impulsado por Sogama e repartirá ata 50 composteiros entre a súa veciñanza. A entrega dos composteiros e do material para a elaboración do compost desde as vivendas unifamiliares terá lugar este xoves, 13 de marzo, ás 17:30 horas, no Salón de Actos do Concello.  O [...]

Actividades Axencia de Lectura e do Arquivo

2025-03-07T12:33:57+01:00Noticias|

A Axencia de Lectura das Somozas, dentro do ODS 3 Coidado da Saúde, anímate a coidar da túa alimentación a través do libro Mi dieta ya no cojea, de Aitor Sánchez. Aitor Sánchez é un nutricionista que divulga os seus coñecementos en charlas TED, nas redes sociais ou no seu blog. Por iso, convidámosvos a [...]

Go to Top