window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Novas

A andaina saudable con ruta circular cambia de data para o 30 de maio

2026-05-06T14:42:32+02:00Noticias|

A andaina saudable prevista para o 9 de maio cambia de data debido á previsión meteorolóxica adversa, sendo a nova data o 30 de maio. A modificación é debida á previsión de choivas e co obxectivo de garantir unha mellor experiencia. Esta andaina saudable con ruta circular pola zona da Igrexa  está deseñada para conectar [...]

Presentación do Plan Director para a inclusión do Museo do Seixidal no Sistema Galego de Centros Museísticos

2026-05-06T13:14:51+02:00Noticias|

O Museo etnográfico do Seixidal das Somozas acollerá este venres, 8 de maio, ás 19:30 h, a presentación do Plan Director para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos (SGCM). A empresa Trivium, encargada do proxecto, está a preparar todas as accións necesarias para a proposta, entre elas un inventario detallado e unha [...]

Relación de persoas admitidas no proceso de selección para a contratación de 4 prazas de peón

2026-05-04T16:38:41+02:00Noticias|

Publicada a listaxe de persoas admitidas para o proceso de selección de 4 peóns como persoal laboral temporal, ao abeiro da subvención do programa Galicia Suma Talento : Rural Activo do ano 2026 Todas as persoas admitidas deberán presentarse para realizar as probas de selección o día 12 de maio de 2026 ás 11.00 horas [...]

Curso da USC para aprender a usar a IA no día a día

2026-05-06T16:28:40+02:00Noticias|

O programa de Microcredenciais Universitarias da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), abre unha convocatoria de formación gratuíta financiada con fondos europeos. Esta iniciativa busca achegar o coñecemento académico ao rural galego, ofrecendo títulos oficiais da USC con validez en toda a Unión Europea. O curso [...]

Unidade Móbil de Doazón de Sangue o 8 de maio diante do Concello

2026-04-30T16:52:20+02:00Noticias|

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en As Somozas o vindeiro venres, 8 de maio. Estará situada diante do Concello en horario de tarde, desde as 16.00 ata as 21.00 horas. Lembramos que tan só poderán doar sangue os maiores de idade, cun peso superior aos 50 quilos, que [...]

Andaina saudable con ruta circular o 9 de maio

2026-04-30T12:01:08+02:00Noticias|

O Concello das Somozas convida a toda a veciñanza a participar nunha experiencia que vai máis alá do exercicio físico. O vindeiro sábado, 9 de maio, terá lugar unha andaina saudable con ruta circular pola zona da Igrexa. Esta iniciativa está deseñada para conectar o corpo e a mente mentres gozamos da nosa contorna. O [...]

Resultado das probas de selección de 3 prazas de operarios para o servizo PEL da Deputación 2026

2026-04-30T11:35:10+02:00Noticias|

Nas Somozas, a 27 de abril de 2026, reúnense os membros do tribunal cualificador designados pola alcaldía, seleccionan a tres persoas para a súa contratación laboral temporal como peóns para o Servizo do programa PEL da Deputación, no que prestarán os servizos municipais básicos e a execución de pequenas obras de reparación e mantemento durante 6 [...]

Excursión á Costa da Morte o sábado 30 de maio

2026-04-28T17:56:26+02:00Noticias|

A Asociación de Veciños 'A Cañota' da Toca, en colaboración co Concello das Somozas, promove unha saída á Costa da Morte o vindeiro sábado 30 de maio, co obxectivo de achegar aos veciños e veciñas algúns dos puntos máis espectaculares do litoral galego. A viaxe contará cun itinerario que inclúe paradas na fervenza do Ézaro, [...]

Acta do tribunal para preparación das probas de 3 prazas de operarios

2026-04-24T11:32:46+02:00Noticias|

Nas Somozas a 23 de abril de 2026 sendo as 9:30h reúnense no concello os membros do tribunal cualificador designados pola Alcaldía, que se constitúen para a preparación das probas para a selección de tres persoas para a súa contratación laboral temporal como peóns para o Servizo do programa PEL da Deputación para a prestación [...]

As Somozas celebra o Día do Libro

2026-04-23T14:33:23+02:00Noticias|

O Concello das Somozas celebra o Día do Libro, 23 de abril, ofrecendo títulos procedentes de doazóns particulares e institucionais. As persoas que o desexen poderán retirar os exemplares no Centro Cívico Sociocultural, en horario de 9.30-13.30 h e de 16.00-20.00 h.  Poderanse levar e quedar en propiedade todos cantos se queiran porque como di [...]

Go to Top