Este ano, con motivo do Día das Letras Galegas, As Somozas únese á celebración rendendo unha homenaxe especial á escritora e xornalista Begoña Caamaño Rascado.
Para conmemorar o seu legado, a Axencia de Lectura das Somozas organiza unha lectura pública de fragmentos das súas novelas máis emblemáticas: Circe ou o pracer azul e Morgana en Esmelle. O evento terá lugar no Centro Cívico Sociocultural o vindeiro venres, 15 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 h. A participación está aberta a toda a veciñanza e cada participante poderá escoller o capítulo ou fragmento que desexe ler, podendo realizar a lectura de forma individual, con amizades ou en familia.
Todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición presencialmente na Axencia de Lectura das Somozas, no teléfono 881 04 84 66 ou a traves do correo electrónico [email protected]. Animámoste a formar parte deste acto colectivo para que a memoria e a obra de Begoña Caamaño sigan presentes na nosa cultura!