Nas Somozas a 23 de abril de 2026 sendo as 9:30h reúnense no concello os membros do tribunal cualificador designados pola Alcaldía, que se constitúen para a preparación das probas para a selección de tres persoas para a súa contratación laboral temporal como peóns para o Servizo do programa PEL da Deputación para a prestación dos servizos municipais básicos e execución de pequenas obras de reparación e mantemento segundo as bases aprobadas no Decreto no 2026-118 o día 07/04/2026.