O Centro Cívico das Somozas acollerá unha charla sobre a prevención dos atropelos
O vindeiro xoves, 27 de outubro, a veciñanza do concello poderá gozar dunha charla sobre a prevención dos atropelos, impartida polo Coordinador Provincial de Educación Vial. A cita terá lugar no Centro Cívico Socio-Cultural, a partir das 18:30 horas. Ademais, as persoas asistentes recibirán un chaleco reflectante.









