window.dataLayer = window.dataLayer || []; function gtag(){dataLayer.push(arguments);} gtag('js', new Date()); gtag('config', 'G-QV6066SZ4R');

Noticias

II Ruta Turística As Somozas

2026-03-05T14:10:42+01:00Noticias|

O vindeiro 28 de marzo celebrarase a II Ruta Turística As Somozas, organizada pola Escudería As Somozas. Esta proposta está pensada para desfrutar dunha xornada diferente combinando estrada, paisaxe e bo ambiente entre todas as persoas participantes. A entrega de dorsais terá lugar ás 15:00 horas na Cervecería O Carballo, punto desde o que tamén [...]

Espectáculo familiar ‘Canta miña pedra, canta’

2026-03-02T17:15:44+01:00Noticias|

Este venres, 13 de marzo, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o espectáculo familiar 'Canta miña pedra, canta' de Charo Pita e Xoán Curiel.  Xoán Curiel e Charo Pita fan un tándem en escena cun divertido espectáculo teatral, para público infantil e familiar, con elementos de participación activa, narración oral e música en directo. [...]

Obra de teatro ‘Un fiambre, unha rosca e un cancán’

2026-03-02T13:42:40+01:00Noticias|

Este venres, 6 de marzo, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá a obra de teatro 'Un fiambre, unha rosca e un cancán', da Asociación Cultural Faíscas. Trátase dunha comedia de intriga onde a inesperada morte do dono dunha casa desencadea unha investigación. A función dará comezo ás 20:00 horas con entrada libre ata completar [...]

Financiación da Deputación da Coruña para garantir a prestación dos Servizos Sociais comunitarios

2026-02-25T16:59:50+01:00Noticias|

O Concello das Somozas conta con financiación da Deputación da Coruña para garantir a prestación dos Servizos Sociais comunitarios.  Os programas cofinanciados pola Deputación son os seguintes: Información e orientación (Auxiliar administrativo). Servicio de Axuda no Fogar - Libre concurrencia (Auxiliares SAF)  

Taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria

2026-02-23T17:36:58+01:00Noticias|

As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, dirixido a persoas maiores de 65 anos. Esta actividade terá lugar do 2 de marzo ao 17 de xuño.  A iniciativa, dirixida á veciñanza de 65 anos en adiante, realizarase os luns e mércores, de 15:00 a 17:00 horas, no Centro Cívico [...]

As Somozas acolle o musical ‘La magia de los cuentos’

2026-02-20T13:57:37+01:00Noticias|

O venres, 27 de febreiro, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá a partir das 20:00 horas o musical 'La magia de los cuentos', de Fénix Producciones.  Un máxico musical para toda a familia… Branca pensa que os contos son cousa de nenos e non quere que a súa nai cóntelle nin un máis. Pero, [...]

O Museo do Seixidal pon en marcha unha proposta para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos

2026-02-16T17:31:33+01:00Noticias|

O Museo etnográfico do Seixidal das Somozas, a través da empresa Trivium encargada do proxecto, presentará nos vindeiros meses unha proposta para a súa inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos (SGCM). Deste xeito, estase a preparar todas as accións necesarias para a proposta, entre elas un inventario detallado e unha catalogación de todas as [...]

As Somozas renovará o parque infantil municipal

2026-02-16T17:27:11+01:00Noticias|

O Concello da Somozas deu comezo aos traballos de remodelación do parque infantil situado ao carón da piscina municipal. A intervención céntrase na substitución das partes afectadas do firme de caucho, así como da renovación parcial dos xogos da área infantil, substituíndo un xogo danado e engadindo outro a maiores. O proxecto ten o obxectivo [...]

As Somozas licita a construción dos vestiarios do campo de fútbol da Toca

2026-02-16T17:22:08+01:00Noticias|

As Somozas prepara a construción dos vestiarios do campo de fútbol da Toca, unha actuación que permitirá ás persoas usuarias o acceso a baños, duchas e zona para cambiarse de roupa. Estas obras, que están financiadas ao 100% con fondos propios municipais, contemplan a construción de dous módulos simétricos e diferenciados que darán dous baños [...]

Axudas á natalidade 2026

2026-02-13T12:39:16+01:00Noticias|

O Concello das Somozas convoca, un ano máis, unha serie de axudas á natalidade, con achegas de ata 3.000 euros, en apoio ás familias do municipio. Teñen por obxectivo converterse nunha medida complementaria ao apoio familiar e ao fomento da fixación da poboación no termo municipal. Están destinadas ás familias con crianzas nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 [...]

Ir a Arriba