Este venres, 6 de marzo, o Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá a obra de teatro ‘Un fiambre, unha rosca e un cancán’, da Asociación Cultural Faíscas.

Trátase dunha comedia de intriga onde a inesperada morte do dono dunha casa desencadea unha investigación. A función dará comezo ás 20:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

O espectáculo vai dirixido a todos os públicos e está enmarcada na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.