O vindeiro 28 de marzo celebrarase a II Ruta Turística As Somozas, organizada pola Escudería As Somozas. Esta proposta está pensada para desfrutar dunha xornada diferente combinando estrada, paisaxe e bo ambiente entre todas as persoas participantes.
A entrega de dorsais terá lugar ás 15:00 horas na Cervecería O Carballo, punto desde o que tamén se organizará a saída da ruta. A primeira persoa participante sairá ás 16:00 horas, iniciando así o percorrido desta segunda edición.
O prezo da inscrición é de 70 euros por coche para dúas persoas, e inclúe ademais unha cea ao final da ruta, pensada como momento de encontro para compartir a experiencia da xornada.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na Cervecería O Carballo, en A Rodela ou en Casa Ameneiro. O prazo límite para anotarse remata o 25 de marzo ás 20:00 horas. Para máis información ou para resolver calquera dúbida, tamén se pode contactar no teléfono 669 43 34 89 (Elena).