As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, dirixido a persoas maiores de 65 anos.
Esta actividade terá lugar do 2 de marzo ao 17 de xuño.
A iniciativa, dirixida á veciñanza de 65 anos en adiante, realizarase os luns e mércores, de 15:00 a 17:00 horas, no Centro Cívico A Garita.
Os obxectivos principais deste obradoiro son:
- Fomentar hábitos de vida saudables mediante actividades físicas adaptadas.
- Estimular as capacidades cognitivas a través de exercicios de memoria, atención e razoamento.
- Promover a autonomía personal e previr a dependencia funcional.
- Crear espazos de socialización que fortalezan as redes de apoio comunitario.
- Mellorar benestar emocional e a autoestima dos participantes.
As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente no departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamando ao 981 404 101 (ext.2) ou ao 881 042 066
Esta actividade está organizada polo Concello das Somozas e cofinanciada pola Deputación da Coruña.