O Concello da Somozas deu comezo aos traballos de remodelación do parque infantil situado ao carón da piscina municipal.

A intervención céntrase na substitución das partes afectadas do firme de caucho, así como da renovación parcial dos xogos da área infantil, substituíndo un xogo danado e engadindo outro a maiores. O proxecto ten o obxectivo de renovar os equipamentos, reforzar a súa funcionalidade e seguridade e adaptalo ás necesidades actuais.

Tal e como explicou o alcalde, Juan Alonso Tembrás, “esta actuación permitirá mellorar e renovar esta zona de xogos infantil que é moi empregada pola veciñanza”.

“Esta intervención supón un paso máis na aposta do noso Concello por construír unha vila máis accesible e cómoda, na que os espazos públicos sexan lugares de encontro, lecer e benestar para toda a veciñanza”, rematou.