• LUNS 17 DE MARZO

11:00 – 12:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS

Dirixido a adultos.

 

17:00 – 19:00 BINGO E CARTAS

Dirixido a adultos.

 

19:30 – 21:00 IOGA

 

  • MARTES 18 DE MARZO

16:30 – 20:00 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES 

 

  • MÉRCORES 19 DE MARZO

19:30 – 21:00 IOGA

 

  • XOVES 20 DE MARZO 

11:00 – 12:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS

Dirixido a adultos.

 

18:30 – 20:00 INGLÉS PARA ADULTOS

Dirixido a adultos.

 

  • VENRES 21 DE MARZO 

11:30 – 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA PARA ADULTOS

Dirixido a adultos.

 

17:00 – 19:00 TALLER DE MANUALIDADES

 

20:30 ‘A POUSADA DA PANTASMA COXA’ DA ASOCIACIÓN CULTURAL FAISCAS

O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro  21 de marzo, partir das 20:00 horas, a obra de teatro “A Pousada da Pantasma Coxa”, unha comedia da Asociación Cultural Faiscas. O espectaculo está dirixido a maiores de 12 anos. 

Mariquiña e Teresiña, dúas camareiras de piso, son as protagonistas desta divertida historia. Ambas traballan nun pequeno hotel propiedade de dona Sabela, un establecemento que loita por sobrevivir ás débedas. Ante a difícil situación, deciden promocionar o hotel como un lugar encantado pola pantasma coxa, que supostamente aparece polas noites, buscando atraer a clientes curiosos.

Actividade dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

  • Servizo axencia de lectura: De luns a venres, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Ademais tamén estará dispoñible servizo de prensa, sala de tv, sala de lectura e sala de xogos.