- LUNS 17 DE MARZO
11:00 – 12:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS
Dirixido a adultos.
17:00 – 19:00 BINGO E CARTAS
Dirixido a adultos.
19:30 – 21:00 IOGA
- MARTES 18 DE MARZO
16:30 – 20:00 TEMPO DE LECER: COMPARTINDO AS TÚAS LABORES
- MÉRCORES 19 DE MARZO
19:30 – 21:00 IOGA
- XOVES 20 DE MARZO
11:00 – 12:00 TALLER DE ESTIRAMENTOS
Dirixido a adultos.
18:30 – 20:00 INGLÉS PARA ADULTOS
Dirixido a adultos.
- VENRES 21 DE MARZO
11:30 – 12:30 INICIACIÓN Á INFORMÁTICA PARA ADULTOS
Dirixido a adultos.
17:00 – 19:00 TALLER DE MANUALIDADES
20:30 ‘A POUSADA DA PANTASMA COXA’ DA ASOCIACIÓN CULTURAL FAISCAS
O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro 21 de marzo, partir das 20:00 horas, a obra de teatro “A Pousada da Pantasma Coxa”, unha comedia da Asociación Cultural Faiscas. O espectaculo está dirixido a maiores de 12 anos.
Mariquiña e Teresiña, dúas camareiras de piso, son as protagonistas desta divertida historia. Ambas traballan nun pequeno hotel propiedade de dona Sabela, un establecemento que loita por sobrevivir ás débedas. Ante a difícil situación, deciden promocionar o hotel como un lugar encantado pola pantasma coxa, que supostamente aparece polas noites, buscando atraer a clientes curiosos.
Actividade dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
- Servizo axencia de lectura: De luns a venres, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Ademais tamén estará dispoñible servizo de prensa, sala de tv, sala de lectura e sala de xogos.
- LUNS, 17 DE MARZO
- MARTES, 18 DE MARZO
- MÉRCORES, 19 DE MARZO
- XOVES, 20 DE MARZO
- VENRES, 21 DE MARZO




