O Nadal chega ás Somozas cunha programación que abrangue do 3 ao 27 de decembro.
- Axencia de Lectura organiza un obradoiro de decoración de Nadal con libros.
- Actuación do grupo Triguiñuelas | El pañuelo de la abuela. 13 de decembro, ás 20:00 h no Centro Cívico Sociocultural
Unha actuación musical para público familiar.
Nun día de festa dun pobo segoviano, Melisa, Lola e Diana métense nunha lea. Para solucionalo, han de lavar o pano da avoa, e ao facelo, este pérdese río abaixo.
Na súa procura, atoparanse con diferentes mulleres do pobo, que sen cesar nos seus oficios e sen parar de cantar, axudaranlles.
Serán capaces de atopar o pano da avoa e volver á festa?
Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).
- Festival de Nadal: Chocolatada, inchables, visita de Papá Noel e actuación de maxia do Mago Paco. 20 decembro, a partir das 17:00 h no polideportivo municipal.
17:00 – 18:00 Colchonetas
17:30 – 18:00 Chocolatada
18:00 – 19:00 Actuación do mago Paco
19:00 – 20:00 Papá Noel
Actividade dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
- Actuación do Grupo Dúo Estrellas | Os Fanego. 27 de decembro, ás 20:00 h no Centro Cívico Sociocultural
Unha actuación de baile/musical para público adulto.
Un dúo de música bailable que se adapta a públicos de todas as idades para amenizar verbenas e todo tipo de eventos. Repertorio conformado por cumbias, merengues, bachatas, vals… e tamén reguetón, pop, rock… para a rapazada. Animarán a interactuar e dinamizar co publico para asegurar que a festa é un éxito.
Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).




