As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, dirixido a persoas maiores de 65 anos.
Esta actividade terá lugar do 5 de novembro ao 17 de decembro.
A iniciativa, dirixida a persoas maiores de 65 anos, realizarase os luns e mércores, de 15:00 a 17:00 horas, no Centro Cívico A Garita.
Os obxectivos principais deste obradoiro son:
- Fomentar hábitos de vida saudables mediante actividades físicas adaptadas.
- Estimular as capacidades cognitivas a través de exercicios de memoria, atención e razoamento.
- Promover a autonomía personal e previr a dependencia funcional.
- Crear espazos de socialización que fortalezan as redes de apoio comunitario.
- Mellorar benestar emocional e a autoestima dos participantes.
As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente no Concello ou chamando ao 981 404 101.
Esta actividade está organizada polo Concello das Somozas e cofinanciada pola Deputación da Coruña.