As Somozas acollerá un novo taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, dirixido a persoas maiores de 65 anos.

Esta actividade terá lugar do 5 de novembro ao 17 de decembro. 

A iniciativa, dirixida a persoas maiores de 65 anos, realizarase os luns e mércores, de 15:00 a 17:00 horas, no Centro Cívico A Garita. 

Os obxectivos principais deste obradoiro son:
  • Fomentar hábitos de vida saudables mediante actividades físicas adaptadas.
  • Estimular as capacidades cognitivas a través de exercicios de memoria, atención e razoamento.
  • Promover a autonomía personal e previr a dependencia funcional.
  • Crear espazos de socialización que fortalezan as redes de apoio comunitario.
  • Mellorar benestar emocional e a autoestima dos participantes.

As persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente no Concello ou chamando ao 981 404 101.

Esta actividade está organizada polo Concello das Somozas e cofinanciada pola Deputación da Coruña.