No marco da conmemoración do #25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, hoxe celebramos un acto no Salón de Plenos do Concello, onde se procedeu á lectura do manifesto institucional.

O alumnado do CEIP O Marbán realizou unha emotiva actividade relacionada con esta sinalada data e, ao remate, fíxose entrega dunhas axendas co lema #DeFronte, campaña da Deputación da Coruña, á cal o Concello está adherida.